A Semana de Cine de Autor de Lugo premia a película austríaca «La segunda mujer»

A película austríaca «La segunda mujer» foi a gañadora da sección oficial da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que concluíu este venres no auditorio Gustavo Freire.
A continuación situáronse «El Rayo», «Gloria», «La mujer del chatarrero», e «Sister».

Na sección de curtametraxes, o galardón foi para «Las casitas», en primeiro lugar, «Flores para Amalia», «Estocolmo», «Amor a primera vista», «Miniaturas» e «Cuerdas».

Por último, mención de honor para a curtometraxe lucense presentada nesta categoría, «V.H.S.», realizada polo alumnado da escola de imaxe e son, da Fundación TIC, e producida por Patxi Pintado.

Penúltima xornada dentro da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Hoxe, dentro da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, destacamos o filme venezolano Pelo Malo, gañador da Concha de Oro no Festival de San Sebastián, e premio ó mellor guión e director, no Festival Mar de Plata. Proxectarase ás oito da tarde no auditorio Gustavo Freire, dentro da sección ‘O mellor do ano’.

Doutra banda, ás once da noite no auditorio, e dentro da Sección Oficial, terá lugar o visionado da película Sister. Gañadora do Oso de Plata Especial no Festival Internacional de Cine de Berlín, foi tamén seleccionada para o premio otorgado polo festival Independent Spirit Awards.