O BNG pide que o Concello de Lugo utilice software libre para aforrar o gasto que supoñen as licenzas

A concelleira nacionalista Cristina Ferreiro defenderá na próxima sesión plenaria municipal, que o Concello de Lugo utilice software libre nos seus sistemas informáticos, co fin de aforrar os gastos que supón o pagamento das licenzas.

A través desta moción, o BNG reclama que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para deseñar e aprobar antes do remate deste mandato, un plan de migración dos sistemas informáticos do Concello, suxeitos a licenza de xeito que non haxa necesidade de renovalas, ou de facelo haxa xa un calendario de substitución.

Ademais os nacionalistas tamén pretenden que o goberno local elabore un plan de investimentos en desenvolvemento de software de código aberto, cos aforros producidos polas licenzas que non se renovan, que teña en consideración as empresas TIC locais e galegas.

Deja un comentario