Celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e as actividades programadas dende o Concello de Lugo deron comezo coa entrega do premio de deseño gráfico para o cartel seleccionado para conmemorar este día. O cartel gañador foi obra de Javier Trigo Penedo, que competía con outros sete traballos. Pola sua banda, o alcalde de Lugo, José López Orozco, lembrou que nos últimos dez anos foron asasinadas no noso pais 750 mulleres, e que a celebración deste día debería extenderse ós 365 dias do ano.

A continuación celebrouse a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas deste tipo de violencia, ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida, na Praza de Santo Domingo.
O Concello de Lugo, en colaboración coa Deputación, celebrará as cinco da tarde o acto de inauguración do destape da escultura O voo das Bolboretas, na Ronda da Muralla, diante do antigo edificio do Fogar de Santa María.

Esta escultura elaborada en pedra polo canteiro Quijada, e deseñada por Luz Darriba, pretende ser unha homenaxe a todas as mulleres que sofren estes abusos.
A partires das oito da tarde, terá lugar a representación da obra de teatro, A muller soa, de Franca Rame e Darío Fo, e que será interpretada por Ana Plaza. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

As actividades de conmemoración rematarán os días 27, 28 e 29 de novembro ás oito, cunhas veladas teatrais contra a violencia de xénero a cargo do grupo Microefectos Dramatúrxicos na rúa Menorca, na Praza de Campo Castelo, e na Praza do Campo respectivamente.

Pola sua banda, o grupo municipal do Partido Popular acusou hoxe o executivo local de utilizar o manifesto da conmemoración do 25 de novembro con fins partidistas, e de rexeitar organizar un acto institucional único.

Últimos días para presentar os proxectos da II edición do Concurso de fotografía das Reservas da Biosfera

Últimos días para a presentación dos proxectos para participar na segunda edición do Concurso de Fotografía das Reservas, que nesta edición ten como tema central Os bosques da provincia nas Reservas da Biosfera Terras do Miño, e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

O prazo de presentación das fotografías está aberto ata o vindeiro 30 de novembro, e pódese consultar na web deputacionlugo.gal toda a información e bases deste concurso.

Os participantes nesta nova edición, deberán ser maiores de idade, e non estar premiados con anterioridade neste certame. Optan a 3 premios; o primeiro, que ascende a 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.

O próximo domingo 30 de novembro terán lugar os actos de conmemoración do XIV aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que terán lugar na conmemoración do XIV aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

Carmen Basadre destacou que o actos central vai ter lugar no Circulo das Artes ás 18.00 horas cun Concerto Conmemorativo que estará dividido en tres partes e no que se escoitará por primeira vez o himno da Muralla titulado Anel de Pedra e que está composto polo músico Abraham Cupeiro.

O concerto comezará con tangos de Carlos Gardel e Astor Piazzola a cargo do grupo Lucus Ensemble dirixido por Alejandro Troya e nunha segunda parte tocarán o Concerto para violonchelo e orquestra de Friedrich Guida. A continuación proxectarase un video conmemorativo que baixo o título de Onte e hoxe da Muralla de Lugo fará un percorrido pola historia do monumento e que foi elaborado dentro do proxecto europeo Muralla Dixital.

A actividade rematarase co Concerto de Abraham Cupeiro e Ensemble dos Sons Esquecidos. A entrada será gratuíta ata completar o aforo do Círculo das Artes.

Dentro destes actos conmemorativos tamén van a ter lugar dúas actividades que teñen como nexo de unión a Muralla. Así, o venres 28 de novembro inaugurase a exposición de fotografía de La Voz de Galicia Un año de Voz 2014 no que aparecen varias imaxes da Muralla de Lugo e que se poderá ver na rúa da Raíña.

Tamén o domingo 30 a Cruz Vermella e El Progreso organizan o Aniversario solidario 150 anos da Cruz Vermella nos accesos e sobre o adarve da Muralla durante o que se repartirán paraugas vermellos e os donativos recadados irán destinados á propia entidade para os máis necesitados.

O Concello de Lugo mantén aberta a convocatoria dos certames de fotografía e narrativa xuvenil contra a Violencia de Xénero

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, mantén aberta a convocatoria dunha nova edición dos certames de fotografía e de narrativa xuvenil, que convoca cada ano o Concello de Lugo dentro da programación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Mañá, día 21 de novembro, remata o prazo para a presentación de orixinais ó V Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, no que poderán tomar parte rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

Os traballos deberanse enviar á Casa da Muller e teñen que ser inéditos, escritos en lingua galega e de temática libre, pero baseada nalgún aspecto relacionado coa igualdade entre mulleres e homes.
Tamén está aberto, neste caso ata o día 28 de novembro, o prazo para a presentación de orixinais ó V Certame de fotografía Revelando o Machismo.

Tamén neste caso, os traballos deben presentarse na Casa da Muller. As bases establecen que neles ten que plasmarse unha imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, ou a violencia de xénero

Diversas personalidades da política e da cultura lucense visitan a rodaxe da miniserie ‘Hotel Almirante’

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a escritora Marta Rivera de la Cruz, visitaron na tarde de onte a rodaxe en Lugo da miniserie Hotel Almirante, baseada na novela homónima da autora lucense.

O telefilm, cun orzamento de 750.000 euros, conta coa colaboración da Fundación TIC, grazas a un convenio asinado con Formato Producciones. A gravación, que comezou o 27 de outubro na Coruña, continúa ata o 26 deste mes na cidade amurallada, onde traballa un equipo de 150 persoas, 40 delas profesionais e o resto figurantes.

Gómez Besteiro destacou “a importancia de que Lugo acolla proxectos deste nivel, xa que son a mellor campaña de promoción do audiovisual lucense». O Círculo das Artes, transformado no establecemento hoteleiro que dá nome á película, as rúas do casco histórico e varias dependencias da Escola de Imaxe e Son, son os escenarios da gravación.

O peso que ten a propia cidade na historia, hai que destacar que a súa autora é Marta Rivera de la Cruz, unha lucense con éxito e prestixio no mundo das letras.
Lucenses tamén son dous dos principais actores do reparto da película, Mariana Expósito e Antonio Mourelos. A miniserie, de dous capítulos de 90 minutos de duración, está dirixida por Antonio Cuadri.

Presentación no Concello de Lugo da campaña ‘Xadrez no Nadal’

Os Concelleiros de Educación, Esther Muñoz, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados polo representante da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, e o Presidente de SOGAMA, Luis Lamas, presentaron onte a Campaña Xadrez no Nadal.

Esther Muñoz explicou que esta Campaña é continuidade das actividades de fomento do xadrez ás que lle dá pulo o Concello, e nas que participan 2.000 alumnos. A Campaña consta de catro actividades, consistentes nun Campamento e un Campus e dous torneos, un de promoción e outro provincial.

Doutra banda, O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, e a Concelleira de Educación, Esther Muñóz, visitaron esta mañá a actuación efectuada polo Concello de Lugo, para a adecuación dun terreo municipal na parte de diante da Escola Infantil Fingoi 2, coa que se permite unha maior amplitude para que os 75 nenos de entre 3 e 5 anos poidan ter unha maior zona de xogos.
Esta actuación non supón un cese de terreos á Conselleria de Educación

Presentación no Museo Interactivo de Historia de Lugo da peza audiovisual «De Lucus a Lugo. Dous mil anos de historia»

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentaron esta mañá no MIHL o video «De Lucus a Lugo. Dous mil anos de historia».

Trátase dun video inmersivo no que se desenvolven novidosas técnicas de realización audiovisual, ademais de contar con imaxes aéreas grabadas cun drone, que permite ó espectador involucrarse na imaxe.

Esta nova infraestrutura, creada dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, formará parte do material audiovisual que estará a disposición dos visitantes do MIHL.

A Capela de Santa María acolle unha exposición que recolle os traballos máis destacados realizados no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo

O pasado venres tivo lugar a inauguración na Capela de Santa María, da exposición Coas nosas mans, que recolle os traballos realizados no Centro de Artesanía e Deseño nos últimos anos.

Máis de 50 pezas artísticas elaboradas artesanalmente polos mestres dos 6 obradoiros do CENTRAD –moble artesán, arquivo e documentación musical, traxe tradicional, libro, tapizaría e cestaría- e dos seus alumnos nos últimos anos.

Entre as pezas que se poden ver na exposición atópase o barguenho das Santas, moble medieval con debuxos pintado por Murado, unha árbore de vimbio, instrumentos musicais recuperados, como a zanfona ou unha arpa; encadernacións, ou xogos artesanais.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 9 de decembro, e a entrada é de balde.

O Concello de Lugo presenta o programa de actos do Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos do Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, que desenrolarase entre o 14, e o 29 de novembro.

Así as actividades comezarán esta mesma fin de semana coa actividade O Poblado da Igualdade os días 14, 15 e 15 de novembro na Praza Maior. Esta actividades está orientado a un público infantil no que se traballará a igualdade dende a infancia e os roles masculinos e femininos na vida diaria. As actividades comezan mañá venres de 17 a 20 horas na Praza Maior, seguiran o sábado e domingo de 11 a 20.30 horas os dous días con diferentes xogos de convivencia, teatro e contos para nenos e nenas a unha feira de artesanía para os máis maiores.

A responsable da área de Benestar Social e Igualdade tamén anunciou que en memoria de todas as persoas que traballaron para defender a liberdade e o dereito ao aborto vaise a proxectar o documenal Eu decido.O tren da liberdade nos centros de convivencia de María Balteira, Fingoi, Uxío Novoneyra, Milagrosa, Maruja Mallo, Lamas de Prado e no MIHL durante a semana do 14 ao 22 de novembro.O domingo 23 de novembro haberá na Praza do Campo unha sesión vermú dende as 13 horas coa actuación do grupo Pinchacarneiro.

O martes 25 de novembro comezarán as actividades ás 12.00 coa entrega dos premios do concurso de fotografía Revelando o machismo e o de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida na Praza de Santo Domingo.

A partires das 13.30 horas na Ronda da Muralla, diante da Capela de Santa María, e en colaboración coa Deputación de Lugo, farase a inauguración da escultura O voo das bolboretas, en contra da violencia de xénero realizada polo escultor Quijada e a idea de Luz Darriba. Ese mesmo día, pero ás 20 horas terá lugar a representación da obra de teatro A muller soa de Franca Rame e Darío Fo, e que será interpretada por Ana Plaza. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro de Convivencia de Fingoi.

As actividades de conmemoración rematarán os días 27, 28 e 29 de novembro ás 20 horas cunhas veladas teatrais contra a violencia de xénero a cargo do grupo Microefectos Dramatúrxicos na rúa Menorca, na Praza de Campo Castelo, e na Praza do Campo respectivamente.

Ademais, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, explicou que durante a última semana deste mes nas ociotecas da cidade levaranse a cabo actividades para os máis pequenos co programa Aprende Xogando.

Aberto o prazo para participar na décima edición do certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

Xa está aberto o prazo para participar na décimo edición do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo, que ten como obxecto contribuír a fomentar a creatividade literaria entre os escolares lucenses.

Os participantes terán que ser alumnos e alumnas de 12 a 18 anos de calquera centro público ou privado, da provincia de Lugo. Os contos deberán estar escritos en lingua galega e a extensión non pode ser superior a dez páxinas.

O tema será libre e pódense participar en dúas categorías de 12 a 14 anos, e de 15 a 18 anos. Os traballos enviaranse sen remite, e baixo lema, na categoría na que se participa.
Este certame é un dos que conta con máis tradición no ámbito escolar, e co que se busca que dende edades temperás, se estimule a imaxinación e o fomento da lectura.

Os contos serán enviados á Concellería de Educación, no Centro Social Uxio Novoneyra ata o día 20 de novembro.