Falece o fiscal xefe de Lugo Juan José Begué no seu domicilio da Coruña

O mundo xudicial de Lugo levantouse consternado esta mañá coa noticia do falecemento do fiscal xefe de Lugo, Juan José Begué Lezaun, que morría no seu domicilio da Coruña. A noticia sorprendeu porque Begué estivo onte a traballar en Lugo, aínda que nos últimos meses faltou porque razóns de saúde. Todo indica que esta madrugada o fiscal se tería quitado a vida. O corpo encontrouno a súa muller esta mañá na entrada da súa casa, aos arredores da Coruña.

Begué ocupaba o cargo de fiscal xefe de Lugo dende o verán do pasado ano e baixo o seu mandato fóronse desenvolvendo algunhas das macrooperacións que están en marcha na cidade. Juan José Begué, nacido en Huesca en 1970, comezou a súa carreira como fiscal en 1997, cando foi destinado á Fiscalía Provincial de Girona. No 2008 incorporouse á Fiscalía Provincial da Coruña.

No seu destino como fiscal xefe en Lugo encontrouse con varias macroperaciones xudiciais abertas e con gran transcendencia mediática, como as operacións Carioca, Campión ou Pokémon.
O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, en nome de todos os integrantes do Ministerio Fiscal na Comunidade Autónoma, «lamenta a sensible perda déaste destacado compañeiro, do que salienta a súa gran valía profesional e humana».

Morren tres persoas nun accidente de tráfico a pasada noite no corredor de Sarria ó seu paso polo municipio lucense do Corgo

Tres persoas faleceron nun accidente rexistrado este mércores pola noite no corredor de Sarria, ó seu paso polo municipio do Corgo. Segundo informou o 061, o sinistro entre tres vehículos produciuse sobre sobre as dez da noite, e ata alí desprazáronse tres ambulancias.

Os falecidos son dúas mulleres que viaxaban nun Citroën BX, e un home que conducía un Fiat Punto. Ademais das tres vítimas mortais, outra persoa, que conducía un Seat Ibiza, resultou ferida leve e foi trasladada á Clínica Polusa.

Falece unha muller atropelada, e outra permanece grave no Hula despois recibir un disparo na cabeza a mans da sua parella en Chantada

Unha muller de Chantada, de vintecinco anos, morreu onte pola noite atropelada por un vehículo cando saía da Festa dá Empanada, nunha paraxe situada a tres quilómetros do centro urbán. No mesmo accidente resultou ferido grave, un cidadán italiano de vintenove anos.

A condutora do vehículo deu negativo tanto en alcol como en drogas, na proba que lle realizou a Garda Civil de Tráfico. A Policía Local explicou que o accidente sucedeu cando os mozos baixaban camiñando de noite e sen chaleco. O vehículo, que circulaba na mesma dirección que eles, arrolounos e caeron dende un paso elevado.

O accidente ocorreu practicamente á mesma hora á que no centro de Chantada, a Policía Local detiña a un home como sospeitoso de disparar un tiro na cabeza á súa parella, nun local hostaleiro propiedade do agresor confeso. A muller, permanece hospitalizada no Hula con pronóstico estable dentro da gravidade.

Esta mañá, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, confirmaba que a muller nunca denunciara á súa parella por malos tratos, á vez que anunciaba un pleno extraordinario para condenar os feitos. No mediodía de hoxe, convocábase unha concentración como mostra de repulsa, á que acudiron numerosos veciños e autoridades.

Ileso o piloto dunha avioneta que aterrou de emerxencia en Outeiro de Rei durante a extinción dun incendio declarado en Ombreiro

Un piloto de nacionalidade suíza, que participaba na extinción dun incendio na parroquia de Ombreiro, viuse obrigado a aterrar coa súa aeronave nun prado en Outeiro de Rei. O  único ocupante do aparello saíu ileso, segundo informou a Xunta de Galicia.

O avión lixeiro, modelo Dromeider, con capacidade de 2.200 litros de auga, ten a súa base no aeródromo lugués de Rozas. O parecer sufriu un problema mecánico no motor, que forzou ó seu piloto a facer unha aterraxe de emerxencia, cando regresaba tras baleirar a auga que transportaba.

O lume na parroquia de Ombreiro, en cuxa extinción participaba esta avioneta, quedou controlado en torno ás cinco da tarde.

Morre un home tras queimarse ao bonzo nun parque de Lugo

Un home de 51 anos, morreu nun xardín de Lugo tras queimarse ó bonzo. O suceso aconteceu na madrugada de onte no Parque dos Paxariños, na zona Das fontiñas.

A vítima arrastraba dende había algún tempo problemas depresivos, que o obrigaban a tomar diariamente medicación. Polo menos nunha ocasión, os corpos e forzas de seguridade tiveron que intervir, porque o home supostamente intentou con anterioridade, acabar coa súa vida.

Este lucense, de orixe uruguaio, con problemas depresivos severos, acudiu na noite do luns o Parque dos Paxariños, unha zona verde existente entre a avenida Das fontiñas e o Paseo do Rato, en Lugo, e regouse con gasolina. Seguidamente prendeuse lume.

A zona que elixiu a esa hora, pasadas as doce da noite, está totalmente deserta. Non obstante, veciños Das fontiñas viron dende o balcón das súas casas como dende o xardín saía moito fume. Pensaron que se trataba dun incendio e deron aviso aos bombeiros.

Os membros do servizo de extinción, cando chegaron o lugar, encontráronse cunha persoa totalmente carbonizada. Foi avisada a Policía Nacional e tamén a autoridade xudicial para levar a cabo o levantamento do cadáver.