Deputación e Academia Galega de Ciencias impulsan o proxecto de conservación da natureza Rede Natura 2000

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o catedrático da USC, e Membro da Real Academia de Ciencias, Antonio Rigueiro, presentaron este xoves a XXV edición do ciclo de conferencias Dr. Luís Asorey García, que organiza a Academia coa colaboración económica de 4.000 euros do organismo provincial.

Nesta ocasión, o tema central das 9 charlas e conferencias será a Rede Natura 2000, o proxecto de conservación da natureza de maior importancia a nivel mundial, que persegue conservar as especies e hábitats europeos que chegaron ata a actualidade.

O prazo de inscrición xa está aberto, e os interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa no rexistro xeral da Deputación.

Inaguración do V Congreso Galego de Medioambiente que reunirá ata o 16 de outubro na cidade a medio centenar de especialistas de primeiro nivel

Lugo é dende hoxe sede do V Congreso Galego de Medio e Saúde, que se celebrará ata o día 16 de outubro, na sede da Delegación Territorial de Sanidade.

Na inaguración acudiron numerosas autoridades, entre elas a Delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, ou Alcalde de Lugo, López Orozco.

Este V Congreso Medioambiental, reunirá a medio centenar de expertos que abordarán o estado actual da saúde ambiental do planeta e as súas posibles solucións.
Tamén analizarán o patrimonio natural de Galicia e as posibles bases para un desenvolvemento sostible.
Francisco Peña, principal organizador do Congreso, destacou a importancia do potencial medioambiental galego e lucense.

Asemade, Gómez Besteiro sinalou que as fortes desigualdades na saude dos cidadáns, son froito do cambio climático, e das malas prácticas no eido medioambiental.

Pola sua banda, o alcalde José López Orozco, falou do deber da Unión Europea, de respetar dende todolos eidos o medioambiente, como seguro para un futuro máis alentador.

Entre os expertos que achegarán os seus coñecementos ó congreso, figuran entre outros, Federico Mayor Zaragoza, exdirector da UNESCO, ou María Neira, pertencente a Organización Mundial da Saúde.

Presentación do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde que se desenvolverá en Lugo do 13 ó 16 de outubro

A delegada territotal da Xunta en Lugo, Raquel Arias presentou hoxe o V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde, que se desenvolverá en outubro en Lugo, xunto con representantes da organización e das institucións colaboradoras.

Acompañárona na presentación o organizador do congreso, Francisco Peña; o alcalde de Lugo, José López Orozco, a deputada provincial Sonsoles López , ademáis da experta en toxicoloxía Julia Melgar, e o representante de Gas Natural en Galicia, Manuel Fernández Pellicer.

Arias apuntou que “a explotación sustentable dos recursos naturais” é o factor diferenciador que pode dar impulso á nosa economía, “non so pola nosa dependencia dos produtos do agro e forestais senón tamén pola riqueza paisaxística que favorece o turismo e que todos nos esmeramos en preservar”, afirmou.

O congreso terá lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta, e contará coa participación dunha trintena de expertos. A conferencia inaugural correrá a cargo de Federico Mayor Zaragoza, director xeral da Unesco durante 12 anos, e presidente da Fundación Cultura de Paz.

En paralelo ao congreso desenvolverase o LIV Curso de Saúde Ambiental. Ambos proxectos forman parte do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014 e contan xa cunha longa traxectoria.

Así, polas aulas destes cursos –que se celebran de xeito itinerante polos municipios galegos- levan pasado preto de 1.400 estudantes e profesionais, converténdose nun referente para ambientalistas de toda España e do norte de Portugal.

Concello de Lugo, Deputación e USC presentan o Congreso EURODENDRO 2014

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Vicereitor do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inauguraron este martes no Salón de Actos da Deputación o Congreso EURODENDRO 2014.

Esta é unha conferencia europea sobre dendro-cronoloxía, na que os científicos que traballan en diferentes aspectos da investigación de aneis de árbores e campos afíns, reúnense e discuten os resultados en curso, e os proxectos de investigación.