O BNG pide que o Concello de Lugo utilice software libre para aforrar o gasto que supoñen as licenzas

A concelleira nacionalista Cristina Ferreiro defenderá na próxima sesión plenaria municipal, que o Concello de Lugo utilice software libre nos seus sistemas informáticos, co fin de aforrar os gastos que supón o pagamento das licenzas.

A través desta moción, o BNG reclama que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para deseñar e aprobar antes do remate deste mandato, un plan de migración dos sistemas informáticos do Concello, suxeitos a licenza de xeito que non haxa necesidade de renovalas, ou de facelo haxa xa un calendario de substitución.

Ademais os nacionalistas tamén pretenden que o goberno local elabore un plan de investimentos en desenvolvemento de software de código aberto, cos aforros producidos polas licenzas que non se renovan, que teña en consideración as empresas TIC locais e galegas.

O Pleno Provincial aproba os primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes os primeiros orzamentos participativos dun organismo provincial en España, que, segundo destacou durante o debate a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, reúnen tres características: “Son uns presupostos feitoscos lucenses e para os lucenses, que cumpren coas prioridades que marcaron 55.000 veciños ó destinar 35 millóns de euros para emprego, infraestruturas e políticas sociais; aumentan os investimentos e transferencias nun 7%, e reducen en 10 millóns a débeda para deixala a cero no 2016”.

García Porto subliñou que o Goberno provincial “escoitou aos veciños e puxémonos mans á obra dende o primeiro momento, sen esperar a xaneiro. Estamos cumprindo xa este mesmo co que nos pediron e seguirémolo facendo no 2015”.

O Orzamento aprobado hoxe no Pleno, de 89,4 millóns de euros, demostra, subliñou a Deputada, “que hai unha progresista clara, viable e solvente a unha dereita que non fai máis que recortar dereitos e servizos”.

A delegada de Economía destacou neste senso que o Goberno progresista da Deputación “multiplicou por 370 veces nos últimos 8 anos os investimentos en emprego e nun 90% os fondos para servizos sociais, mentres a Xunta segue sen dotar ao HULA de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas, entre outros servizos e infraestruturas. Feijóo está desaparecido na provincia”.

Creará uns 80 novos postos traballo coa apertura do primeiro centro público de recría de España, e as 6 primeiras residencias e centros públicos da terceira idade, e seguirá impoñendo cláusulas sociais que blinden os dereitos dos traballadores.

BNG Lugo avanza no proceso de elección das persoas que conformarán a candidatura para as municipais

O consello local do BNG de Lugo elaborou unha proposta para decidir as persoas que conformarán o primeiro tramo da candidatura do BNG nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

O proceso de Asambleas Abertas iniciado polo BNG comenzou en Lugo o pasado 25 de setembro, cunha asamblea no centro social Maruja Mallo que reuniu a máis dun centenar de persoas.
Este primeiro encontro tivo contunuidade a principio deste mes de novembro, cunha asamblea aberta na que se concretaron nomes e persoas, que poderían conformar a candidatura do BNG.

O Grupo Municipal do Partido Popular critica que a día de hoxe ó goberno municipal solo esté executando un 5% do Plan de Investimentos

O Grupo Municipal do Partido continúa coa súa campaña informativa, para explicar ós veciños o grao de execución dos acordos alcanzados co goberno local o pasado mes de xuño.
O seu voceiro, Jaime Castiñeira, criticou que a punto de cumprirse 5 meses da sinatura do acordo co PSOE, unicamente se levara a cabo o 5% dos 180 puntos do pacto.

Os populares deron a coñecer estes datos, cando se cumpren dous meses dende que iniciaron a campaña informativa para explicar a situación destas obras, informando sobre o grao de cumprimento dos compromisos adquiridos.

A plataforma cidadá Gañemos Lugo inicia contactos con Somos Maioría mentres BNG ofrece postos nas súas listas a ex-militantes do partido

Segundo parece a plataforma cidadá, Gañemos Lugo, que celebrará a sua asamblea constituínte o vindeiro luns, púxose en contato coa plataforma Somos Maioría, para concurrir xuntos ás vindeiras eleccións municipais.

O Bloque Nacionalista Galego pola sua banda, que parece que xa ten candidato, ofreceulle, segundo algunhas fontes, a ex militantes do partido que marcharon no seu día a outras formacións políticas, incorporalos nos primeiros postos das suas listas de novo.

O Goberno Local encomenda á Deputación a xestión da venda das 60.000 accións do CD Lugo propiedade do Concello

O Goberno local aprobou a venda das 60.000 accións do Club Deportivo Lugo propiedade do Concello, que foron adquiridas para axudar ó Clube a convertirse en Sociedade Anónima, e encomendarlle a xestión do procedemento de venda á Deputación provincia.
O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, lembrou que o Concello comprou estas accións por 600.000 euros coa condición de non concederlle ó Clube durante 3 anos unha subvención polo mesmo importe.

A Xunta de Goberno tamén aprobou as condicións para a cesión do uso privativo do campo de fútbol José Carballedo Cerceda, situado no Ceao, a unha entidade deportiva que se deberá facer cargo dos labores de mantemento do mesmo, avaliados en 55.000 euros ó ano.
A cesión farase polo prazo de 10 anos coa obriga de que será compatible coa organización de eventos que poida programar o Concello de Lugo.

Pola súa banda, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, acusou ó goberno municipal de pretender darlle apariencia de legalidade ó procedemento, para segundo as suas palabras,entregarlle o campo de futbol do Ceao á sociedade anónima deportiva do Club Deportivo Lugo.

Doutra banda, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, anuncióu que o Concello de Lugo alumeará durante o nadal 33 das rúas máis emblemáticas da cidade, cun orzamento de 39.000 euros.

O Partido Popular pregunta polo custe das diversas contas do Concello de Lugo nas redes sociais

A concelleira popular Raquel Castiñeira pediu hoxe ó goberno local, que informe do custe económico que teñen para as arcas municipais, as diversas contas que ten nas redes sociais.

A popular sinala que neste momento, entre diversas concellerías e dependencias municipais, o número de contas ascende polo menos a unha decea, co contrasentido de que nalgún caso mesmo se duplican.

Raquel Castiñeira reclama ós socialistas, que ademais de informar do número exacto das contas que o Concello ten externalizadas, detalle a empresa ou relación de empresas, que se están ocupando destes traballos.

O Partido Popular acusa ó goberno local de desinterese por non repoñer en tres meses unha varanda do paseo de Rio Rato

O concelleiro popular Ángel Trabada acusou esta mañá ó goberno local e provincial, de non repoñer en tres meses unha varanda no paseo do Río Rato.

O edil popular explica que o 7 de setembro deste ano, se derrubou un elemento de protección situado no ámbito da Fervenza, e nas inmediacións do restaurante que existe no paseo.

Tal como detalla, o grao de deterioro en que se encontraba a varanda era tal, que cedeu debido a que un deportista se apoiou nela para realizar estiramentos, o que provocou que este veciño tivese que ser trasladado en ambulancia, a un centro sanitario con lesións de diversa consideración.

A formación política Podemos Lugo inicia o proceso para elixir secretario xeral

A formación política Podemos Lugo abriu o pasado domingo o prazo para presentar candidaturas, tanto ó consello cidadán, coma ó cargo de secretario xeral do partido a nivel local.
O prazo rematará o próximo 5 de decembro, e todos os afiliados que así o queiran poderán presentar as súas candidaturas, que logo serán votadas entre o 26 e o 30 de decembro.

Polo momento, só un día despois da apertura do prazo, non se presentou ningunha candidatura. Tras o peche do período estipulado para este trámite, abrirase a campaña electoral, que se desenvolverá entre os días 6 e 25 de decembro, durante a cal as distintas propostas competirán por facerse co voto dos 500 afiliados con que conta xa este partido en Lugo, rexistrados na páxina web podemos.info.

Doutra banda, a plataforma cidadá Gañemos Lugo deuse a coñecer públicamente na tarde de onte na cidade.  Esta nova formación emerxente preséntase como un espazo de encontro, onde poden participar amplos sectores da sociedade, con presenza nos barrios, nos centros de traballo, e no tecido cultural, para recuperar a cidade e devolverlla á cidadanía.

AGE pedirá responsabilidades políticas a Xunta de Galicia pola quebra da cooperativa Alimentos Lácteos

Alternativa Galega de Esquerdas pedirá no Parlamento de Galicia, responsabilidades políticas pola quebra da empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos, por considerar que é o paso necesario, logo da sentenza do xulgado de primeira instancia e do mercantil número 2 de Lugo da semana pasada, que condena os ex directivos, Arcadio López e Eugenio Montero, a pagar unha indemnización de 2,9 millóns de euros.

O deputado de AGE pola provincia de Lugo, Ramón Vázquez, denunciou que o goberno da Xunta foi partícipe da quebra, posto que López e Monteiro eran tenentes de alcalde do PP nos municipios de Arzúa e A Pastoriza. Considera «urxente» separar as responsabilidades xudiciais das responsabilidades políticas».