O Pleno Provincial aproba os primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes os primeiros orzamentos participativos dun organismo provincial en España, que, segundo destacou durante o debate a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, reúnen tres características: “Son uns presupostos feitoscos lucenses e para os lucenses, que cumpren coas prioridades que marcaron 55.000 veciños ó destinar 35 millóns de euros para emprego, infraestruturas e políticas sociais; aumentan os investimentos e transferencias nun 7%, e reducen en 10 millóns a débeda para deixala a cero no 2016”.

García Porto subliñou que o Goberno provincial “escoitou aos veciños e puxémonos mans á obra dende o primeiro momento, sen esperar a xaneiro. Estamos cumprindo xa este mesmo co que nos pediron e seguirémolo facendo no 2015”.

O Orzamento aprobado hoxe no Pleno, de 89,4 millóns de euros, demostra, subliñou a Deputada, “que hai unha progresista clara, viable e solvente a unha dereita que non fai máis que recortar dereitos e servizos”.

A delegada de Economía destacou neste senso que o Goberno progresista da Deputación “multiplicou por 370 veces nos últimos 8 anos os investimentos en emprego e nun 90% os fondos para servizos sociais, mentres a Xunta segue sen dotar ao HULA de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas, entre outros servizos e infraestruturas. Feijóo está desaparecido na provincia”.

Creará uns 80 novos postos traballo coa apertura do primeiro centro público de recría de España, e as 6 primeiras residencias e centros públicos da terceira idade, e seguirá impoñendo cláusulas sociais que blinden os dereitos dos traballadores.

A Deputación presenta os orzamentos participativos para o ano 2015 nos que destinará 35 millóns de euros a emprego, infraestruturas e políticas sociais

A Deputación de Lugo presentou o orzamento provincial para Lugo do ano 2015, no que destinarase preto de 35 millóns de euros a emprego, infraestruturas e políticas sociais, o que supón o 87% dos investimentos recollidos nos presupostos.

Así o anunciou este xoves o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro en rolda de prensa, na que estivo acompañado polo Vicepresidente Primeiro, Antón Veiga, e a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto.

O Orzamento mantense nos 89,4 millóns de euros deste 2014, e aséntase sobre tres piares fundamentais: emprego, infraestruturas e políticas sociais.

A Deputación presentará no mes de decembro un novo plan de emprego de 5 millóns de euros, dirixido a todos os concellos da provincia, e o Orzamento do 2015 consigna outros 6,6 millóns, tamén destinados a todos os municipios lucenses.

No eido das Políticas Sociais, destacan tamén os investimentos en educación, con 1,6 millóns de euros para a única Escola de Imaxe e Son da provincia; 300.000 euros para o Campus Universitario e 318.000 euros para a UNED; cultura e museos, con 6,7 millóns de euros; e deporte, con 4 millóns. A Deputación poñerá en marcha 6 residencias públicas da terceira idade, varios campos de fútbol, e melloras en instalacións deportivas, e locais sociais en toda a provincia.

Inauguración na Deputación Provincial de Lugo da xornada gratuíta ‘Véndete para emprender’

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inaugurou este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a xornada gratuíta Véndete para emprender!, impartida por Felipe García Rey, “coach” profesional e formador.

Un cento de persoas participaron nesta charla motivacional, organizada pola institución provincial ,coa colaboración do Grupo Acción Consciente.

Felipe García Rey inxectou de motivación ós asistentes, afondando en temas como a xestión dos propios medos, o valor das ideas, ou a creación dunha marca persoal.

A Deputación Provincial de Lugo destinará 5 millóns de euros para políticas de emprego na provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou este martes durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, que a Xunta elabore orzamentos participativos, como fixo a institución provincial coas Contas do 2015.

Gómez Besteiro presentou na Cámara galega os primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España, froitos dun proceso de participación cidadá, cumprindo deste xeito co que se comprometera no propio Parlamento fai un ano.

O Presidente anunciou que as Contas do 2015 dedican 28,1 millóns de euros ás tres áreas de actuación que os veciños marcaron como prioritarias -emprego, infraestruturas e políticas sociais-, o que supón o 85% dos investimentos incluídos no presuposto.

Doutra banda, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, valorou este mércores o último informe de fiscalización da conta xeral do Sergas, emitido polo Consello de Contas e referido ao exercicio de 2012, do que se desprende que o Hula foi o hospital galego que máis gastou na derivación a centros concertados, con 4 millóns de euros.

Por último, a Xunta de Goberno da Deputación aprobará este venres a cesión do edificio do antigo hospital San José a Aspnais, durante un prazo de 25 anos.  A mesa de concesión, que se reuniu o luns, se decantou pola proposta deste colectivo entre as seis presentadas. Con todo, sinalaron que non se descarta estudar outros proxectos para empregar o resto do inmoble.

A Xunta de Galicia respalda os procesos de internalización de 23 empresas lucenses con axudas por valor de 1.3 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, subliñou onte que nos últimos dous anos, a Xunta concedeu axudas por valor de 1.306.800 euros a 23 empresas e grupos empresariais lucenses, para impulsar a súa internacionalización.

Arias fixo estas declaracións nunha xornada sobre internacionalización organizada en Foz polo Instituto Galego de Promoción Económica, en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia, e coa Confederación de Empresarios de Lugo, na que participaron máis dunha vintena de empresarios, e representantes da banca e das organizacións empresariais.

O BNG frea a rebaixa de taxas proposta polo PP e permite que sigan conxeladas no pleno municipal celebrado onte

O Concello de Lugo acordou esíxirlle á Xunta de Galicia, que cumpra os seus compromisos con Lugo nos Presupostos para 2015, no pleno municipal celebrado onte.

O Pleno do Concello tomou esta decisión, a proposta do Grupo Socialista, cos votos do PSOE e do BNG, e coa abstención do Partido Popular.

O acordo supón reclamarlle á Xunta que invista na construcción do Museo da Romanización, nos servizos comprometidos para o HULA, dar un uso ó edificio da antiga Residencia, avanzar no Plan Paradai e executar a Ronda Leste.

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, reclamoulle a Jaime Castiñeira que apoie a Lugo na sua intervención hoxe no Parlamento Galego.

Doutra banda, o Pleno municipal desbotou dúas mocións, unha do BNG, e outra dos populares, que pretendían modificar o ano que vén as Ordenanzas Fiscais, que o Goberno local manterá finalmente conxeladas.

Pola sua banda, os populares propoñían que a zona ORA fose gratuíta a primeira media hora, bonificacións de ata o 95% nas taxas por apertura do primeiro negocio dos emprendedores, rebaixa dos prezos polos servizos dos bombeiros, e división en dez recibos dos principais impostos e taxas; incluida a rebaixa do IBI, na parte municipal deste tributo.

O Bloque Nacionalista Galego defendeu unha nova política contributiva no Concello de Lugo, ante, segundo as palabras da voceira Paz Abraira, a inoperancia do goberno local do PSOE, que en opinión dos nacionalistas, pretendía evitar o debate sobre as taxas municipais.

O BNG tamén levou dúas propostas máis ó debate plenario, nas que pedías a limpeza para a zona da Calzada da Ponte, e una moción contra a violencia machista, que finalmente non saíron adiante.

A plataforma «Miño Si, Gasolineira Non» convocou onte unha concentración diante do concello de Lugo, minutos antes do comenzo do pleno da corporación. Con esta acción a plataforma pretende chamar a atención do goberno municipal, e dos grupos representados no pleno, ó respecto da construción dunha gasolineira no centro comercial das Saamasas, que suporá o almacenamento de miles de litros de combustible a escasos metros do cauce do río.

O Concello de Lugo manterá conxelados os impostos, taxas e prezos públicos en 2015.

Anunciouno esta mañá a Concelleira de Economía, Rosana Rielo, quen explicou que «dende o ano 2008 mantense a presión fiscal no Concello de Lugo, agás a suba do IBI que impuxo o Goberno do PP» e salientou que «esta decisión do Goberno municipal débese ó seu compromiso de axudar económicamente ós veciños de Lugo nunha época de crise como a que atravesamos».

Rosana Rielo detallou que a Conta Xeral de 2013 reflicte unha baixada do 1,4% da presión fiscal mentres o gasto por habitante medrou un 5%.

Pola súa parte, segundo os datos do Ministerio de Facenda a media de ingresos por impostos e taxas do Concello de Lugo é 20% máis baixo que os municipios do noso tamaño; o gastos financieiros son inferiores nun 78%. Pola contra, a media do gasto por habitante en bens, servizos e protección social é superior á media, chegando a superar nun 73% o gasto medio en protección social.
Ademais, no ranking tributario que compara as 52 capitais de provincia de España, Lugo é a oitava cidade co IBI máis barato e a décima co IAE máis barato.

Dende o Partido Popular, discuten estas cifras, xa que o voceiro Jaime Castiñeira acusou esta mañá o goberno municipal, de mentir no referente a conxelación dos impostos, xa que segundo as súas palabras, a estratexia do goberno municipal, é a de recorrer a taxa do IPC, para subir os impostos.

Asemade, o Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción de urxencia, demandando unha nova política contributiva no Concello de Lugo.

O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ó goberno de “falta de transparencia” se evita o debate plenario sobre impostos

O concelleiro popular Juan Carlos Plaza acusou esta mañá ao goberno local de “covardía política” e de “falta de transparencia” por pretender evitar o debate plenario sobre as ordenanzas fiscais, logo de que non figure entre os asuntos a abordar na Comisión de Contas previa á sesión plenaria que se celebrará mañá.

O popular salientou que se trata “da primeira vez na historia recente de Lugo en que unha das decisións municipais que maior impacto ten sobreos lucenses, como é a carga fiscal, non vaia ser sometida ao criterio do pleno”, polo que afirmou que o alcalde López Orozco “se está a comportar agora nunha situación de minoría cunha prepotencia e un ocultismo que nin sequera tivo durante o seu goberno en maioría absoluta”.

Para o responsable de Economía do Grupo Municipal do Partido Popular,esta decisión “só pode obedecer a dúas causas: ou non queren volver demostrar aos lucenses que están sen ideas ou directamente as súas propostas parécenlles tan malas que prefiren ocultarllas aos veciños quitándolles o seu dereito a coñecelas en pleno”. “O único que fan é esquivar as opinións dos demais porque parece que non toleran que haxa persoas que non pensen coma eles”, salientou o popular.

Juan Carlos Plaza afirmou que “mentres a sociedade reclama cada vez máis participación e máis transparencia, e mentres o PSOE se lle enche a boca falando de ‘orzamentos participativos’ na Deputación, no Concello o equipo de López Orozco segue dando pasos atrás de forma axigantada e optando por manobras ocultistas que terán que xulgar os lucenses”.

Por outra banda, o concelleiro popular tamén advertiu de que “os lucenses non nos conformaremos nin nos servirá unha conxelación de impostos” tendo en conta dúas circunstancias. En primeiro lugar, o precedente que sentaron PSOE e BNG en 2012 cando se escudaron na suba do IPC parasubir os impostos sobre os lucenses. “Se naquel momento a variación do Índice de Prezos ao Consumo serviu como excusa para xustificar un incremento da carga fiscal agora, por coherencia, os impostos terán que reducirse tendo en conta que o IPC internual caeu”. E, por outra banda, porque a conxelación de impostos “agás que haxa un acordo para modificar as ordenanzas” é automática, polo que pide aos socialistas que “non presuman dunha decisión que nin é nova nin é suficiente nin é

Por último, o popular lembrou que o 12 de setembro o PP presentou propostas como o establecemento dun sistema de pago fácil que permita fraccionar o pagamento das taxas de cobro periódico en varias cotas, a redución nun 3,3% do IBI, nun 10% a taxa de rodaxe, bonificacións dun 95% para diversas actuacións en eficiencia enerxética e en obras que melloran as condicións de salubridade das construcións, así como a redución de determinadas taxas dos bombeiros e diversas melloras para a zona azul, entre as que se atopan a gratuídade dos primeiros 20 minutos de estacionamento, a gratuídade dos sábados pola mañá nestas prazas, o establecemento de tarxetas de residente por zona en lugar de por rúa e a tarificación por tempo real. “Non hai excusa posible para que non se posicionen sobre cada unha delas”, concluíu.

Presentación no Concello de Lugo da empresa Galicloud que permite a creación de páxinas web a baixo coste

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, acompañada polo emprendedor David López, presentaron unha nova empresa, Galicloud, instalada no CEI-Nodus e que desenvolve dende alí un traballo de deseño e o desenvolvemento web dirixido especialmente a empresas.

A empresa, formada por David López, Carlos Junquera e Óscar Seijas, ofrece unha nova plataforma que ofrece o servizo Drupal que permite a creación de páxinas web a baixo coste cunhas características propias como que pode ser 100% autoxestionable, e que non están limitadas xa que se poden ir desenvolvendo segundo as necesidades da empresa.

Os emprendedores invitaron a todas as persoas interesadas en coñecer o seu produto revelación, o Cronos, a que se acheguen o próximo día 5 de novembro ás 11.30 horas no Salón de Actos do CEI-Nodus. Rosana Rielo manifestou que o CEI-Nodus é un espazo que axuda a desenvolver ideas de emprendedores e no que se están realizando importante proxectos que xeran novos postos de traballo.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos tamén informou da publicación no BOP das axudas concedidas no terceiro trimestre dentro do Plan Urban por importe de máis de 12.000 euros. As axudas correspóndense coa convocatoria para empresas da zona Urban para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas. Estas axudas contan co cofinanciamento do 80% da Unión Europeo a través dos Fondos FEDER.

O Concello de Lugo destina preto de un millón de euros en investimentos en diferentes contratos e actuacións

O Concello de Lugo destinará preto de un millón de euros en investimentos, en diferentes contratos e actuacións, entre as que destacan o Plan Mellora Lugo, o control de calidade da auga, ou o servizo de atención ó público na Casa das Linguas. Así o anunciou o voceiro do Goberno municipal, Luis Álvarez esta mañá en rolda de prensa, trala celebración da Xunta de Goberno Local.

A partida máis importante a leva o edificio de novas tecnoloxías, con 456.000 euros e un prazo de execución de dez meses. O Plan Mellora Lugo recibirá 85.000 euros para melloras nas zonas verdes, e impulsaranse actuacións de control da auga de consumo humano das fontes públicas. Doutra banda, a xunta aprobou o contrato anual do servizo de atención ó público dos museos municipais por un ano por valor de 313.000 euros e o servizo de actividades socioeducativas por tres anos con 84.400 euros.