Folga de estudiantes dende hoxe e ata o xoves para protestar contra a reducción presupostaria na educación pública

Os estudantes galegos de secundaria, bacharelato e universidade están chamados á folga dende hoxe, e ata o xoves, para rexeitar a decisión do goberno central de reducir o investimento en educación pública do 4,3 por cento do Producto Interior Bruto, ó 3,9.

Dende o Sindicato de Estudantes en Lugo, explicouse que estas xornadas de folga tamén servirán para oporse a que os graos se reduzan de catro a tres anos, e os másteres aumenten dun a dous anos, posto que consideran que se trata dunha medida recadatoria, xa que o prezo do máster é superior ó do grao.

Segundo un informe de Comisións Obreiras, en España hay 1 millón e medio de estudiantes universitarios, dos cales solo 125.000 acceden a estudios de máster.

A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de prácticas profesionais no extranxeiro ‘Lucus Mundi’

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto denominado Lucus Mundi, dirixido a 45 mozos de entre 18 e 35 anos, titulados de formación profesional de grao medio, dos sectores das artes plásticas e deseño, administración e xestión, imaxe persoal, informática, hostalaría e turismo, e servizos socioculturais.

O proxecto, financiado o 100% pola Unión Europea, prevé a realización de prácticas profesionais en empresas europeas durante 3 meses.

Doutra banda, o voceiro do Goberno Local, Luís Álvarez, aproveitou a rolda de prensa para criticar a dobre rapadoira do voceiro do PP no Concello, Jaime Castiñeira, que risca de «nefasta xestión» unha execución de presupostos de máis do 90 por cento no concello, mentres que cualifica de «magnífica» execución presupostaria o 71 por cento da Xunta de Galicia.

O socialista ademais fixo referencia ao Plan de Vivenda Estatal 2014-2016, posto que Castiñeira é o voceiro popular desta materia no Parlamento, e lamentou que a Xunta segue sen financiar proxectos de rehabilitación urbana porque non ten justiciado un gasto millonario en vivenda ante o Ministerio de Fomento.

Asemade, Luis Álvarez, mostrou hoxe a súa «absoluta satisfacción» en relación á decisión da Audiencia Provincial de instar a xuíza que instrúe o CasoPokemon, Pilar de Lara, a levantar o segredo das actuacións referidas ao alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, no prazo de dous meses.

A Deputación aprobará mañá en Xunta de Goberno unha nova edición do programa ‘Lugojob’ que inclúe novas bolsas de emprego para recén titulados

A Deputación aprobará mañá en Xunta de Goberno a terceira edición do programa Lugojob, que inclúe novas bolsas de emprego para mozos da provincia recén titulados.

Son 50 becas Leonardo da Vinci, e están dirixidas a lucenses menores de 35 anos, con titulacións relacionadas coa agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida.

O seu obxectivo é mellorar a formación dos participantes, con prácticas en empresas europeas, para facilitar a súa inserción laboral de volta no país.

Teñen unha duración de 3 meses e medio, e nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán un curso de idiomas. Os restantes meses, farán prácticas en recoñecidas empresas, vinculadas coas súas profesións, en Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros.

Presentación da XXVIII Edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano están adicadas á violencia de xénero

Hoxe tivo lugar a presentación da XXVIII Edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano están adicadas á violencia de xénero.

O Alcalde, José López Orozco, e Victor Fraga, director de Programas do Centro Penitenciario de Monterroso, presentaron hoxe as 28º Xornadas Penitenciarias Lucenses, que organiza a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.

As Xornadas, nas que colabora o Concello, tratarán este ano o tema «Evolución da Lei Integral contra a Violencia de Xénero» e celebraranse os días 22 e 23 no salón de actos da Deputación provincial.

O día 22 haberá unha conferencia sobre o décimo aniversario da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, a cargo de Maxistrada do Xulgado de Violencia de Xénero, Estela San José, e o día 23 terá lugar unha mesa redonda sobre o tema Perspectivas das profecionais que traballan con vítimas e agresores.