A Semana de Cine de Autor de Lugo premia a película austríaca «La segunda mujer»

A película austríaca «La segunda mujer» foi a gañadora da sección oficial da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que concluíu este venres no auditorio Gustavo Freire.
A continuación situáronse «El Rayo», «Gloria», «La mujer del chatarrero», e «Sister».

Na sección de curtametraxes, o galardón foi para «Las casitas», en primeiro lugar, «Flores para Amalia», «Estocolmo», «Amor a primera vista», «Miniaturas» e «Cuerdas».

Por último, mención de honor para a curtometraxe lucense presentada nesta categoría, «V.H.S.», realizada polo alumnado da escola de imaxe e son, da Fundación TIC, e producida por Patxi Pintado.

Onte inagurouse oficialmente a Semana Internacional de Cine de Autor ca proxección do documental ‘Arde Lucus’

Onte foi inagurada oficialmente a Semana Internacional de Cine de Autor, cunha gala celebrada no auditorio Gustavo Freire, e que correu a cargo do grupo de teatro Achádego.

Nela foron presentadas as pezas que comporán a seccións do ciclo, e o director Brais Revaldería presentou o documental Arde Lucus, que foi proxectada a continuación. Tamén foi proxectada o obra experimental de Ronnie Cramer, Pillow Girl.

Oito son as pezas que compoñen a programación para o día de hoxe, dentro dos diferentes ciclos e espazos que inclúe esta semana de cine na cidade.

Entre outros, destaca a longametraxe Una familia de Tokio, Espiga de Oro na Seminci de Valladolid, e que será proxectada as oito da tarde no auditorio Gustavo Freire.

A sección oficial, tamén no Gustavo Freire pero as once da noite, proxectará o filme ‘El Rayo’ dirixida por Fran Araujo, e Ernesto Nova.

Na biblioteca provincial poderase visionar Soul Kitchen, premio especial do Xurado no Festival de Venecia no ano 2009.

Tamén comezará o ciclo de Homenaxes, ca proxección de El Baile de las Ánimas, e a presentación do libro adicado ó seu director, Manuel Lorenzo.

Caravaggio, dentro do ciclo ‘Arte de Cine’, será a peza proxectada no Museo Provincial as seis da tarde, gañadora do Oso de Plata no Festival de Cine de Berlín no ano 86.

Os ciclos ‘Colleita Dourada’ e ‘As curtas tamén son cine’, pechan o programa para hoxe, no Museo Interactivo de Historia de Lugo e no Vicerreitorado da Universidade, respectivamente.