A Semana de Cine de Autor de Lugo premia a película austríaca «La segunda mujer»

A película austríaca «La segunda mujer» foi a gañadora da sección oficial da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que concluíu este venres no auditorio Gustavo Freire.
A continuación situáronse «El Rayo», «Gloria», «La mujer del chatarrero», e «Sister».

Na sección de curtametraxes, o galardón foi para «Las casitas», en primeiro lugar, «Flores para Amalia», «Estocolmo», «Amor a primera vista», «Miniaturas» e «Cuerdas».

Por último, mención de honor para a curtometraxe lucense presentada nesta categoría, «V.H.S.», realizada polo alumnado da escola de imaxe e son, da Fundación TIC, e producida por Patxi Pintado.

288 películas compoñen a programación da XXXVI Edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo recibiu para a súa participación a través de ‘Click for Festivals’ un total de 288 películas de todo o mundo, para compoñer a súa programación nesta XXXVI edición, que foi presentada o pasado venres da man, como xa ven sendo habitual, do grupo de teatro Achádego.

A recepción de películas, saldouse con 19 curtos de animación, 133 curtos documental, 183 curtos de ficción, 1 longametraxe de animación, 31 longametraxes documentais e 21 longos de ficción.

Oito seccións compoñen a programación da Semana de Cine nesta edición, con dous novos ciclos temáticos en relación a outros anos.

COLLEITA DOURADA, na que participan os documentais mais relevantes do panorama actual, e ARTE DE CINE, que nace para seleccionar e proxectar películas nas que a arte, os artistas, e os diversos espazos para a arte, teñan unha presenza relevante, ben como referencia documental ou estética, ben como elementos esenciais nos seus guións, tramas, personaxes ou localizacións.

Unha das seccións que máis representa á Semana de Cine dende os seus inicios, é a INFANTIL.

Outra das seccións fixas da Semana é PARA COMER LUGO. Dende os seus inicios, este ciclo do películas que unen o cine e a gastronomía, se afianzou no festival, cunha grande afluencia de espectadores.

O ciclo O MELLOR DOMINGO ANO proxectará un cine moi escaso nas nosas pantallas. Unha oportunidade única para poder visionar aquelas películas máis premiadas en distintos festivais de cine, e que non figuran nas axendas da distribución comercial.

A SECCIÓN OFICIAL é a mais representativa da Semana de Cine, cuxas películas optan ó Premio de Mellor Película por votación popular, e que xa foron premiadas en os Festivais mais importantes de todo o mundo.

Catro son as homenaxes que a Semana de Cine. Manuel Lourenzo, Antonio Fraguas Forges, Pedro Olea, e a Fundación Anade polo seu traballo na inclusión social e laboral de persoas con diversas minusvalideces.

Por último, ÁS CURTAS TAMÉN SON CINE, é unha sección de mozos noveis que queren abrirse paso na longametraxe. Películas de curta duración procedentes de todo o mundo, forman esta selección de films que optan ó Premio á Mellor Curtametraxe.

A curtametraxe PILLOW GIRL, de Ronnie Cramer, será a peza elexida para inagurar esta mostra cinematográfica o vindeiro luns día 15.

PILLOW GIRL exhibiuse en máis de 150 festivais de cine de todo o mundo, e foi nomeada «Mellor Obra Experimental» en varios eventos, incluíndo o Festival de Miami Short Film, o Festival de Cine Ruta 66, e o Festival de Cine Big Muddy