Gaizka Garitano e Juan Domínguez, galardoados pola Liga de Fútbol Profesional, nunha edición na que optaban como candidatos o adestrador Quique Setién e o centrocampista Carlos Pita

Quique Setién e Carlos Pita formaron parte onte da gala dos premios da Liga de Fútbol Profesional en Madrid, un espectáculo que homenaxeaba ós que foron os mellores da pasada campaña en Primeira e Segunda División.

Os galardóns foron para outros na súa categoría, Gaizka Garitano e Juan Domínguez, pero o feito de formar parte da criba realizada por futbolistas e técnicos, mostra as grandes habilidades destes dous profesionais do fútbol.

As candidaturas de Setién e Pita van máis alá dun recoñecemento individual. Premia o traballo de todo un club, o Club Deportivo Lugo, que soubo crecer dende o chan, sen superar os límites da súa folla contable para avanzar en función do traballo e a ambición deportiva, e non dende a tesouraría e o palmarés.

A Semana de Cine de Autor de Lugo premia a película austríaca «La segunda mujer»

A película austríaca «La segunda mujer» foi a gañadora da sección oficial da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que concluíu este venres no auditorio Gustavo Freire.
A continuación situáronse «El Rayo», «Gloria», «La mujer del chatarrero», e «Sister».

Na sección de curtametraxes, o galardón foi para «Las casitas», en primeiro lugar, «Flores para Amalia», «Estocolmo», «Amor a primera vista», «Miniaturas» e «Cuerdas».

Por último, mención de honor para a curtometraxe lucense presentada nesta categoría, «V.H.S.», realizada polo alumnado da escola de imaxe e son, da Fundación TIC, e producida por Patxi Pintado.