A Semana de Cine de Autor de Lugo premia a película austríaca «La segunda mujer»

A película austríaca «La segunda mujer» foi a gañadora da sección oficial da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que concluíu este venres no auditorio Gustavo Freire.
A continuación situáronse «El Rayo», «Gloria», «La mujer del chatarrero», e «Sister».

Na sección de curtametraxes, o galardón foi para «Las casitas», en primeiro lugar, «Flores para Amalia», «Estocolmo», «Amor a primera vista», «Miniaturas» e «Cuerdas».

Por último, mención de honor para a curtometraxe lucense presentada nesta categoría, «V.H.S.», realizada polo alumnado da escola de imaxe e son, da Fundación TIC, e producida por Patxi Pintado.

Clausura da Semana Internacional de Cine de Autor coas proxeccións ‘La segunda mujer’ e ‘César debe morir’

Hoxe se clausura a Semana Internacional de Cine de Autor, coas proxeccións de La segunda mujer, e César debe morir, entre outras.

Na primeira delas, e dentro do ciclo O mellor do Ano, un director de cárcere, e outro de teatro, diríxense ós presos para propoñerlles a posta en escena da obra Julio César, dentro das dependencias penitenciarias. Terá lugar ás oito da tarde no Auditorio Gustavo Freire.

Doutra banda, e dentro da sección oficial tamén no Gustavo Freire, pero as once da noite, proxectarase La segunda Mujer, un conmovedor drama sobre unha moza turca que se traslada a Austria para ocupar o lugar de segunda esposa dun home.

‘La caza’, ‘El arca Rusa’ e ‘Gloria’, entre os títulos máis destacados para o dia de hoxe, dentro da programación da Semana Internacional de Cine de Autor

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo proxecta para o día de hoxe oito pezas audivisuais, dentro dos diferentes espazos nos que ten lugar o ciclo.

Dentro delas, destacamos en primeiro lugar, o filme ‘La Caza’, película danesa gañadora do premio ó mellor guión nos Premios de Cine Europeo en 2012, e gañadora do premio ó mellor actor en Cannes 2012. A proxección terá lugar as oito da tarde no auditorio Gustavo Freire.

Doutra banda, as once da noite e tamén no Gustavo Freire, proxéctase ‘Gloria’, unha película a concurso, gañadora de varios premios internacionais, entre eles o de mellor actriz no Festival de Cine de Berlín no ano 2013.

Antonio Fragua de Pablo Forges, será hoxe o protagonista dentro do ciclo Homenaxes, no que proxectarase a sua longametraxe ‘El País S.A’.

Por último, as seis da tarde no Museo Provincial, terá lugar a proxección «El arca rusa». 2000 actores, 300 anos de historia rusa, 33 habitacións do Museo Hermitage, e unha única escena, compoñen este filme premiado internacionalmente.